Galicia Constrúe Clúster da Construcción

VISITA Ao CLÚSTER DA CONSTRUCIÓN DO PAÍS VASCO

🏗️🌍 Onte pola mañá comezamos a nosa visita a Build Inn, o Clúster da Construción do País Vasco.

Encabezados polo noso Presidente Diego Vázquez Reino, xunto cos Vicepresidentes Daniel Hermosilla Hermida e Toni Pons Samaranch, o Secretario Santiago Ferreiro Pérez, o Vocal Diego Freire Coloma, e referentes do sector como Miguel Caruncho Campanario, Presidente de ACP; Felipe Carrascosa Hernández, Director de Contratación de Obras Públicas en CIVIS GLOBAL; Fernando García Novo, Xerente de Fundación Laboral; e o noso propio Xerente, Pablo Vázquez Muñiz.

A nosa visita comezou cunha reunión produtiva con Alberto Marín, Presidente, e Jon Ansoleaga, Director Xeral da Agrupación industrial da Construción do País Vasco. Xuntos, abordamos temas cruciais que configuran o futuro da nosa industria:

📈 Presentación do Plan Estratéxico 2023-2026: Exploramos o detallado plan que establece as nosas metas, estratexias e fitos clave para os próximos anos. Este plan reforza o noso compromiso coa innovación, a sustentabilidade e o crecemento no sector da construción.

🏢 Modelo de Xestión BUILD: INN: Centramos as nosas discusións no modelo vasco, salientando posibles colaboracións estratéxicas, integración tecnolóxica e melloras na eficiencia de todos os nosos proxectos.

🚀 Proxectos Estratéxicos: Intercambiamos ideas sobre iniciativas crave destinadas a impulsar o progreso da industria, fomentar o desenvolvemento rexional e mellorar a competitividade a nivel global.

Este intercambio de ideas e coñecementos establece un curso prometedor para futuras colaboracións entre as nosas agrupacións industriais. Xuntos, estamos preparados para aproveitar as nosas fortalezas, enfrontar desafíos e construír un futuro sostible para a industria da construción en Galicia e máis aló.