Plan estratéxico de Galicia Constrúe
A definición dunha estratexia que integre os obxectivos do Clúster non se pode alcanzar sen a participación expresa dos membros e socios da organización. Para conseguir a representación de todas esas voces, procedeuse á realización dun proceso de consulta.
A ferramenta empregada para a recompilación de información foi unha enquisa dixital deseñada a través Microsoft Forms difundida por correo electrónico a cada unha das empresas sociais. Esta enquisa foi lanzada o día 27 de xullo de 2023 e recolleu as respostas dun total de 37 participantes. O acceso a enquisa foi bloqueado o día 26 de setembro tras a participación dun 76% das entidades sociais.
Por tanto, grazas ao trasladado polas empresas sociais, neste apartado recóllense unha selección os resultados dese proceso de consulta (Informe de resultados completo ao dispor da Agrupación industrial) sobre o contexto, estrutura e desempeño interno da Agrupación industrial.