Galicia Constrúe Clúster da Construcción

Innovación

O avance cara a unha construción industrializada é crucial para mellorar a eficiencia, reducir custos e acelerar tempos. Fomentamos este tipo de construción conectando a empresas con provedores de tecnoloxía e investidores.

A descarbonización é esencial para cumprir obxectivos de sustentabilidade. Por iso, apoiamos o desenvolvemento de materiais con baixas emisións de carbono e a adopción de prácticasmáis sostibles. O desenvolvemento destes novos materiais é clave para mellorar a eficiencia e durabilidade das estruturas. Entre os nosos obxectivos está facilitar a innovación en materiais máis resistentes e sostibles.