Na Agrupación industrial da Construción de Galicia estamos comprometidos coa innovación e a
mellora continua do sector, e hoxe damos un gran paso nesa dirección co lanzamento
de FACTORÍA IA, unha plataforma revolucionaria baseada en intelixencia artificial xenerativa.
Este proxecto é froito da colaboración entre dúas empresas da Cidade das TIC e unha
destacada tecnolóxica de Vigo, co obxectivo de desenvolver unha solución avanzada que
xestione voz, vídeo e datos, achegando servizos específicos adaptados ás necesidades
do sector da construción.
FACTORÍA IA permitirá optimizar procesos crave na construción, mellorando a eficiencia
e a precisión en todas as etapas dos proxectos. Desde o deseño ata a execución, esta tecnoloxía
abrirá novas oportunidades para unha construción máis intelixente, dixital e
competitiva, aliñada coas esixencias do futuro.
Na Agrupación industrial da Construción de Galicia, seguimos apostando pola innovación como
piar do crecemento sostible e pola colaboración entre empresas tecnolóxicas para
facer de Galicia un referente na transformación dixital do sector.
Podes consultar a noticia aquí.