Galicia Constrúe celebrou un evento crave para o sector da construción, onde expertos de primeiro nivel exploraron como a intelixencia artificial (IA) está a transformar a industria. Mantemento preditivo, optimización de procesos, análise avanzada de datos, aplicación da IA Xenerativa, interacción co cliente… entre outras posibilidades que ofrece a IA foron tratadas e expostas na xornada.
Na primeira mesa redonda empresas punteiras como AECOTECH, NIDUS LAB, VT_ PLATFORM e EDILICIABIM presentaron solucións innovadoras que están a redefinir o modelo construtivo. Estas ferramentas, baseadas en IA, permiten mellorar a eficiencia e custos dos proxectos.
Durante o evento, representantes de Finsa, ESPIÑA E DELFIN SL e ABANCA compartiron as súas experiencias e estratexias para incorporar a IA nos seus procesos. Os seus casos prácticos demostraron como esta tecnoloxía non só optimiza operacións, senón que tamén impulsa a competitividade no sector da construción e xera novas oportunidades de negocio.
O éxito desta xornada non sería posible sen a participación de todos os relatores e asistentes. Queremos destacar e agradecer a participación de Covadonga Toca Carús, Directora Xeral do IGAPE, que nos achegou información sobre o impulso á adopción de tecnoloxías disruptivas polas empresas nas súas liñas de financiamento.
Desde Galicia Constrúe, reafirmamos o noso compromiso coa innovación e a transformación dixital, apostando por un futuro onde a intelixencia artificial sexa un piar crave para o desenvolvemento do sector da construción.
#GaliciaConstrúe #IA #Construción #Innovación #TransformaciónDigital

