Galicia Constrúe Clúster da Construcción

O Clúster da Construcción Galicia Constrúe colabora con Energy Days 2024: Un encontro clave sobre enerxía, industria e dixitalización en Santiago de Compostela

O Clúster da Construción Galicia Constrúe únese a colaboración con “Energy Days 2024”, un evento de referencia que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os días 8,9, 10 de Outubro . Este encontro posiciónase como un punto estratéxico para abordar temas fundamentais sobre enerxía, industria e dixitalización, sectores que experimentan unha constante innovación e que requiren espazos de interacción como este para promover a colaboración entre os diversos actores implciados.

Nun contexto onde a transición enerxética e a transformación dixital están redefinindo tanto a sociedade como a industria, a estratexia de fabricantes, inxeñerías e empresas de servizos está en plena evolución. “Energy Days” ofrece un completo programa de ponencias e unha ampla zona de exposicións onde se presentarán as mellores solucións tecnolóxicas e empresariais, permitindo a profesionais, empresas, administracións e ao público en xeral coñecer de primeira man os avances máis significativos.

Este evento, ademáis, destaca por fomentar o networking, una parte esencial que se potenciará mediante cafés, almorzos, ceas e outras actividades que favorecen o intercambio de ideas e a creación de sinerxias entre os asistentes.

A elección da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela como sede de “Energy Day 2024” reforza o seu carácter como un espazo idóneo para atraer aos principales actores do sector enerxético e tecnolóxio do noroeste de España, consolidándose como unha cita ineludible na axenda profesional da rexión.