Obxectivo xeneral
Elaborar unha proposta estratéxica integral para o desenvolvemento e transformación do sector, mediante un diagnóstico profundo da súa situación actual e tendencias para o período 2026–2028.
Obxectivos específicos
- Diagnosticar en profundidade a situación actual do sector (estrutura empresarial, emprego, produtividade, dixitalización, sustentabilidade) e as tendencias presentes e futuras (transición ecolóxica, economía circular, innovación tecnolóxica, formación profesional).
- Formular unha estratexia con visión 2026–2028, baseada en eixos estratéxicos (competitividade, innovación, sustentabilidade, cohesión territorial, empregabilidade) que guíe as políticas públicas e coordine aos distintos axentes.
- Deseñar un conxunto de accións e programas sectoriais (público–público e público–privado) con responsables, calendarios, indicadores e fontes de financiamento claras.
- Asegurar a gobernanza e o seguimento permanente, incorporando procesos de participación multiactor e mecanismos de revisión continua.
Accións propostas para a redacción do plan director:
Análise e diagnóstico estratéxico
Revisión documental de normativa específica e informes estratéxicos do sector, avaliación de políticas comparadas. O proceso de diagnóstico conterá un proceso participativo dos sectores estratéxicos a través de mesas de traballo sobre dixitalización, construción industrializada e sustentabilidade.
Validación, redacción final e presentación
Validación institucional por parte da Administración pública autonómica, redacción final do plan, traballos complementarios e material de difusión incluíndo un resumo executivo.
Formulación da estratexia
Definición de prioridades sectoriais e a valoración das medidas solicitadas desde o sector para dar resposta ás necesidades expostas. Posteriormente, elaboraranse fichas técnicas de cada liña de actuación e as medidas para implementar; considerando especialmente mecanismos financeiros públicos, presentes e futuros, que sirvan para apoiar a implementación das medidas recollidas no plan director.
As liñas estratéxicas, partirán de cinco eixos básicos temáticos:
- Industrialización e competitividade.
- Innovación e dixitalización.
- Economía circular.
- Eficiencia enerxética.
- Empregabilidade e xestión laboral.
En función das liñas estratéxicas propostas para a redacción do plan, desenvolveranse mesas de traballo sobre as seguintes temáticas, para poder integrar nas reunións á integrantes clave do sector.
- Construción industrializada.
- Dixitalización.
- Sustentabilidade.
- Talento
Resultado final e beneficios esperados do proxecto
O resultado final do proxecto é redactar un plan director da construción en Galicia aliñado cos principais retos e oportunidades do sector a medio e longo prazo. O documento conterá: actuacións a desenvolver nos diferentes alcances temporais e en función da priorización, especificará para cada unha delas os obxectivos principais, os axentes implicados, as accións concretas previstas, o orzamento estimado, as fontes de financiamento públicas dispoñibles, así como a indicadores clave e a súa aliñación cos obxectivos estratéxicos.
O Plan Director da construción industrializada será un elemento clave para impulsar a transformación do tecido produtivo e avanzar cara a un modelo máis innovador, sostible e competitivo. Establecendo prioridades claras e actuacións para a recuperación económica, a dixitalización e a transición ecolóxica do sector da construción en Galicia.