Data do evento: 28/05/2026
Horario: 10:00 a 12:00 h
Modalidade: Online
Galicia Constrúe celebrará unha nova xornada especializada en metodoloxía BIM baixo o título “Dos planos ao cadro de mando: visualizar e analizar datos BIM con Power BI”.
A sesión desenvolverase o día 28 de maio de 2026, de 10:00 a 12:00 horas, en formato virtual. Será a terceira xornada dedicada á metodoloxía BIM aplicada á industria da construción.
A xornada será impartida por Evelio Sánchez Juncal, arquitecto, especialista en BIM e experto en transformación dixital no sector AECO.
Dos datos ao coñecemento
Neste terceiro taller, as persoas asistentes darán o salto dos datos ao coñecemento. A partir do dataset xerado na segunda sesión, aprenderán a crear cadros de mando interactivos que mostren a evolución dos proxectos, os custos, a produtividade ou o impacto enerxético, entre outros indicadores.
O obxectivo é aprender a converter a información técnica dos modelos BIM en indicadores de xestión útiles para a toma de decisións en empresas construtoras, promotoras ou de servizos.
Principais contidos da xornada
- Introdución á estrutura de Power BI e ao seu modelo de datos.
- Creación de relacións, medidas e KPIs adaptados ao sector da construción.
- Deseño de visualizacións e dashboards claros e útiles.
- Casos prácticos: control de avance, seguimento económico e análise de obras activas.
- Publicación e uso dos informes en equipos de proxecto ou dirección.
Un cadro de mando funcional conectado a datos BIM
O obxectivo principal da sesión é que os participantes constrúan un cadro de mando funcional conectado a datos BIM, listo para aplicarse a proxectos reais ou á súa propia organización.