Galicia Constrúe Clúster da Construcción

A cadea de valor da construción en Galicia reclama medidas ante a crise de custos e un uso excepcional dos encargos a medios propios.

A cadea de valor da construción en Galicia uniu a súa voz para trasladar unha posición común ante dous retos que afectan directamente á competitividade e á estabilidade do sector.

No marco do Consello Asesor de Galicia Constrúe, as entidades participantes acordaron impulsar dúas declaracións conxuntas: unha para reclamar medidas urxentes e estruturais fronte ao incremento dos custos derivado da crise de Oriente Medio, e outra para defender un uso responsable, xustificado e excepcional dos encargos a medios propios na contratación pública.

Entre as propostas destacan a revisión excepcional de prezos nos contratos públicos, a actualización dos prezos de licitación, o apoio á liquidez empresarial e unha maior transparencia e libre concorrencia na contratación pública.

Desde Galicia Constrúe reafirmamos o noso compromiso cunha construción máis competitiva, transparente e resiliente, capaz de responder a desafíos clave como o acceso á vivenda, a rehabilitación, a transición ecolóxica e o desenvolvemento de infraestruturas ao servizo da cidadanía.

Agradecemos o respaldo e a colaboración de todas as organizacións que contribuíron a construír esta posición común en defensa do futuro do sector en Galicia.

DECLARACION CONXUNTA ENCARGOS PROPIOS

DECLARACION CONXUNTA ORIENTE MEDIO